Segundo capítulo da nosa serie documental "En Vigo fálase", no que paramos a comer no Mesón Barcelona e imos tomar café cunhas amigas a un piso de estudantes.
Tras visitar a nai de Leo fomos con el comer ao mesón Barcelona, un bar ao pé da Gran Vía que resiste falando galego.
Despois fomos tomarlle café a unhas amigas que viven alí cerquiña nun piso de estudantes.
Hai vigueses que falan galego dende sempre, outros que dende hai moi pouco, pero todas e todos botan en falta algo de máis calor e de menos prexuízos por parte dos seus veciños.